Llibre
Actividade física saudable. Caderno do Alumnado.
O caderno de traballo Actividade Física Saudable vai dirixido a alumnos de educación primaria. O obxectivo deste manual práctico é lanzarlles unha mensaxe aos escolares sobre a relevancia de realizar…
Descripció
O caderno de traballo Actividade Física Saudable vai dirixido a alumnos de educación primaria. O obxectivo deste manual práctico é lanzarlles unha mensaxe aos escolares sobre a relevancia de realizar unha actividade física abonda para o seu axeitado desenvolvemento físico e mental.
Os nenos ActiPablo e ActiMarta convidan aos nenos e nenas a reflexionar sobre a actividade física que practican e se esta é abonda para previr o sobrepeso.
Rechamantes debuxos, simpatía e interlocución directa cos alumnos son as ferramentas que utiliza este útil libro para lles trasladar aos escolares as vantaxes de realizaren actividade física acotío.