Llibre
Profesores e expertos en dieta mediterránea: unha dieta moi nosa, o noso mellor legado.
Libro ameno e ilustrado, de apenas dez páxinas, elaborado para os profesores de educación primaria e secundaria, que repasa a orixe, a historia e a mestura de culturas que conformaron o que hoxe denom…
Descripció
Libro ameno e ilustrado, de apenas dez páxinas, elaborado para os profesores de educación primaria e secundaria, que repasa a orixe, a historia e a mestura de culturas que conformaron o que hoxe denominamos a dieta mediterránea.
O obxectivo deste manual é ofrecerlles aos docentes (e pais interesados) material co que ampliaren os seus coñecementos sobre a dieta mediterránea, para que poidan resolver as dúbidas dos seus alumnos durante as sesións de alimentación saudable na aula.
Profesores e expertos en dieta mediterránea repasa, ademais, a importancia de seguir unha alimentación equilibrada durante a etapa escolar. E explica, de xeito simple, cales son os piares da dieta mediterránea, os seus beneficios e mais as porcións diarias de cada tipo de alimento recomendadas para os alumnos.