Pasar al contenido principal
Libro

A alimentación saudable na etapa escolar.

A alimentación saudable na etapa escolar é unha guía dirixida a centros escolares e profesores -tamén ás familias-, que inclúe as ferramentas necesarias para planificar as comidas equilibradas dos nen…

Descripción

A alimentación saudable na etapa escolar é unha guía dirixida a centros escolares e profesores -tamén ás familias-, que inclúe as ferramentas necesarias para planificar as comidas equilibradas dos nenos. O manual resulta un recurso útil para axudar as escolas a programaren mellor os menús semanais dos alumnos e, ao mesmo tempo, promover hábitos alimentarios saudables entre os escolares. Este traballo préstalle especial atención á elaboración de menús no comedor escolar; unha información que detalla polo miúdo (estrutura, configuración da comida, grupos de alimentos, frecuencia de consumo, texturas, variedade de cores, temperatura, técnicas culinarias e porcións). O libro ofrece tamén pistas para preparar o almorzo, o xantar e mais as ceas dos nenos; así como pautas para a comida no patio durante o recreo. Un recurso educativo interesante para os profesores e centros escolares; pero tamén para os pais, co fin de axudalos a combinar as comidas na casa coas que se dan na escola.
Editorial
Departamentos de Saúde e Educación. Generalitat de Catalunya.
Destinatarios

Profesores e pais.

Idioma
Castellano