A comer san!
O libro-xogo A comer san! explícalles aos nenos e nenas a partir de catro anos a importancia de se alimentaren dun xeito saudable dunha maneira divertida. Os pequenos aprenderán as calidades dos d…
Descripción
O libro-xogo A comer san! explícalles aos nenos e nenas a partir de catro anos a importancia de se alimentaren dun xeito saudable dunha maneira divertida.
Os pequenos aprenderán as calidades dos distintos alimentos, crearán a súa primeira lista da compra, elixirán no supermercado do seu barrio os lácteos, froitas e verduras que van formar parte da compra semanal e ata poderán preparar o seu primeiro menú de alimentos saudables.
O conto inclúe 36 recortables de alimentos -desde botellas de leite, cereais e queixo fresco ata laranxas e ensaladas- para encaixalos nos diferentes ocos e bolsas que inclúe este libro-xogo educativo da alimentación saudable.
Unha edición elaborada con esmero e cariño, cargada de pop-ups, que logrará que os máis cativos gocen mentres aprenden a importancia de comer san.