Libro
Por preguntar que non quede: Comer e crecer.
Cans, gatos e ata leóns ensinan neste divertido conto a importancia de manter unha alimentación saudable. As coidadas ilustracións de Mauricio Maggiorini Tecco, xunto cos delicados textos de Rosa Aben…
Descripción
Cans, gatos e ata leóns ensinan neste divertido conto a importancia de manter unha alimentación saudable. As coidadas ilustracións de Mauricio Maggiorini Tecco, xunto cos delicados textos de Rosa Abenoza, convidarán aos primeiros lectores a explorar as virtudes das verduras, froitas e doutras comidas sas.
"A través da lingua podemos apreciar o sabor da comida e o seu arrecendo fainos cóxegas no nariz", di, por exemplo, un simpático felino, un dos moitos protagonistas animais deste relato infantil de comida saudable.
Os divertidos protagonistas incitan aos pequenos lectores a se faceren preguntas, mentres espertan a súa curiosidade polos alimentos. A cuestionarse, por exemplo, por que os bebés humanos non comen o mesmo ca os nenos de certa idade ou por que os pratos de comida varían tanto dunha parte a outra do noso planeta.
Educativo e moi coidado, este conto animal da alimentación saudable fará as delicias dos primeiros lectores, mentres descobren e aprenden a gozar dos alimentos saudables.