Libro
Unha horta na casa.
O libro Unha horta na casa desprégase como un xogo que, xa dende a portada, convida aos nenos e nenas a descubrir de onde veñen alimentos como as leitugas, as cenorias ou os amorodos. Unha horta na ca…
Descripción
O libro Unha horta na casa desprégase como un xogo que, xa dende a portada, convida aos nenos e nenas a descubrir de onde veñen alimentos como as leitugas, as cenorias ou os amorodos.
Unha horta na casa explica da man de Xenxo como plantar unha horta urbana na terraza da casa, paso a paso: desde a elección das sementes e a colocación dos testos ata o intre de recoller os froitos da colleita.
O libro-xogo educativo contén un calendario do horticultor infantil (con adhesivos para seguir o desenvolvemento da colleita), un xogo de cartas da horta (para emparellar e memorizar as distintas froitas, verduras e ferramentas) e unha roda da horta para descubrir cando sementar e recoller os froitos.
Cunha edición moi coidada -e entrañables ilustracións de Helena Delgado, que asemellan personaxes modelados con plastilina- este conto resulta un delicado traballo educativo que divertirá aos nenos e nenas mentres aprenden a comer san.