Libro
Alimentación saudable. Caderno do Alumnado.
Este caderno de traballo da alimentación saudable está elaborado para alumnos de educación primaria. O obxectivo deste manual práctico, que forma parte do programa Perseo -proxecto de prevención da ob…
Descrición
Este caderno de traballo da alimentación saudable está elaborado para alumnos de educación primaria. O obxectivo deste manual práctico, que forma parte do programa Perseo -proxecto de prevención da obesidade infantil dos ministerios de Sanidade e Educación- é inculcar hábitos alimentarios saudables.
O manual resulta completo e exhaustivo. Repasa -ao longo das súas preto de 30 páxinas ilustradas- a necesidade dun almorzo axeitado, dun maior consumo de froitas e verduras, e mais de reducir o consumo de alimentos con alta densidade enerxética.
Os contidos desta guía práctica escolar están organizados en actividades educativas, atractivas e divertidas, que inclúen exercicios e xogos para estimular a aprendizaxe activa e a reflexión dos nenos.