Ir o contido principal
Libro

Encolleu o xersei

Un divertido conto para aprender a importancia dunha boa alimentación.

Descrición

A través dun divertido conto sobre dous xemelgos, os alumnos e alumnas aprenderán a importancia dunha boa alimentación. Proponse unha serie de accións relacionadas coa alimentación sa e a actividade física co obxectivo de mellorar a calidade de vida da sociedade actual. Cuestións como a obesidade, a mala nutrición e as enfermidades cardiovasculares exponnos novos retos que como profesores vimos observando nas aulas e debemos afrontar desenvolvendo intervencións novas, como as que se presentan nestes materiais. 
O conto, dispoñible en 4 idiomas (español, catalán, inglés e galego), inclúe un caderno de traballo para o alumno (dispoñible tamén en 4 idiomas), un libro para o profesor con propostas didácticas e dous vídeos para profundar máis. 
Obxectivos
- Proporcionar unha serie de recursos educativos que poidan ser aplicados no desenvolvemento da clase e fóra dela, modificando malos hábitos de alimentación e aumentando a práctica de actividade física.
- Situar ao profesorado como referente de todos os axentes de cambio participantes no proceso educativo co fin de tratar problemas relacionados coa mala alimentación e a falta de actividade física.
 

Editorial
Fundación Mapfre
Destinatarios
De 3 a 8 anos
Idioma
Castellano