Ir o contido principal
Libro

A hamburguesa que non quería ser comida lixo

A maior vantaxe educativa que atopamos neste libro é a capacidade que ten de transmitir valores importantes dunha maneira sinxela aos nenos.

Descrición

A hamburguesa que non quería ser comida lixo é un bonito libro para nenos no que a protagonista da historia é unha hamburguesa, as súas irmás hamburguesas e a súa clientela do restaurante onde a diario a serven.

Ten moitas vidas, pero un día éntralle a preocupación de ser comida lixo, tras ouvir iso a un dos seus clientes. Entón trama un plan para quitarse esa mala fama e axudar a que os seus clientes tivesen unha boa alimentación.

A maior vantaxe educativa que atopamos neste libro é a capacidade que ten de transmitir valores importantes dunha maneira sinxela aos nenos.