Marcos en apertos
Os alumnos e alumnas de 10 a 12 anos coñecerán xunto con Marcos os beneficios dunha vida saudable
Descrición
O cómic, Marcos en apertos, forma parte do proxecto VIVIR EN SAÚDE; coordinado pola FUNDACIÓN MAPFRE coa colaboración de diversas entidades educativas como: Fundación Santa María (Editorial SM), así como outras entidades como FUNDADEPS, Kidekom e AMEP (Asociación Madrileña de Adestradores Persoais).
VIVIR EN SAÚDE nace coa intención de ser un estímulo á hora de reflexionar sobre a saúde, proporcionando actuacións relacionadas coa alimentación sa e a actividade física que repercutan de forma directa nos estilos de vida e nun desenvolvemento saudable da contorna social, familiar e laboral, mellorando a nosa calidade de vida.
Si liches Marcos en apertos xa coñeces a Marcos, á súa irmá Lucía e á súa familia. Agora vas aprender con eles hábitos saudables que debes introducir na túa vida para crecer san e forte e, ademais, terás que realizar as divertidas actividades que che propoñen.