Descrición
A saúde é un proceso dinámico no que o alumno debe sentirse en harmonía consigo mesmo e coa contorna no que vive. Para iso, é fundamental que respecte os valores, ao seu propio corpo e ás demais persoas.
A través das aventuras dunha singular cuadrilla, os alumnos coñecen as vantaxes de manter hábitos saudables. O material desenvolve unha serie de accións co obxectivo de mellorar a calidade de vida da sociedade actual. Cuestións como a obesidade, a mala nutrición e as enfermidades cardiovasculares exponnos novos retos que como profesores observamos nas aulas e que debemos afrontar desenvolvendo intervencións novas, como as que se presentan nestes materiais.
Estes materiais inclúen o conto en formato cómic “Xogamos todos” dispoñible en español, catalán, inglés e galego, un “Decálogo sobre hábitos saudables” e unha serie de vídeos para afianzar os conceptos daquela temática. Por último, engadimos un modo de emprego cunha breve explicación desglosada de como traballar os contidos.
Obxectivos:
Aprender conceptos relacionados con hábitos saudables.
Adquirir por si mesmos algúns hábitos saudables: practicar actividade física, ter unha correcta hixiene postural e cultivar unha alimentación sa.