Ir o contido principal
Xogo

Froita ou verdura?

O aguacate é unha froita ou unha verdura? Xogo para aprender a diferenciar froitas e verduras

Descrición

A web Yalavueltalaluna propón este xogo para aprender a diferenciar froitas e verduras: 

QUE NECESITAMOS?

  • Ruleta Ikea (opcional)
  • Pulsadores (opcional)

Evidentemente pódese xogar sen ruleta e sen pulsadores, é simplemente unha maneira de facer o xogo moito máis rechamante, a quen non lle gusta tirar da ruleta? ou golpear os pulsadores sonoros e luminosos?

Si non o tedes, podedes gardar os círculos das froitas e as verduras nunha bolsa e ir sacándoos aos poucos coma se fose un bingo.

QUE CONTÉN O IMPRIMIBLE?

  • Póster de froitas
  • Cartón de froita (imprimir tantas como xogadores)
  • Cartón de verdura (imprimir tantas como xogadores)
    12 Círculos con verduras
  • 12 círculos con froitas
  • 48 cartóns cos nomes das froitas e as verduras con letras estilo Montessori en maiúscula e minúscula.
  • Puzzle de brócoli
  • Puzzle de plátano

COMO XOGAMOS?


No noso caso tiraremos a ruleta e segundo o que saia golpearemos o pulsador segundo saia froita ou verdura. O primeiro que golpé deberá dicir o nome da froita ou verdura e dicir a que grupo pertence. Para axudalos a identificalos colocaremos para cada neno un cartón de froita e outra de verdura e colocaremos encima os pulsadores.

E colocaremos os póster de apoio visual de tal maneira que eles póidano ver por si non o teñen claro.

As palabras e os puzzles son complementarios ao xogo.

Pódovos asegurar que é moi divertido e que o terminan interiorizando mentres xogan.

E como seguramente che gustou unha chea pois déixoche aquí o enlace para a descarga. Deixa un comentario se che gustou e non te perdas as demais reseñas que podedes atopar no blog con moitas máis actividades.

Instrucións para xogar
Material
 

Valores que traballa

Diferenciar froitas e verduras

Idade
De 3 a 8 anos
Idioma
Castellano