Ir o contido principal
Audio

A bailar con Tix & Loy

A bailar con Tix e Loy é unha divertida canción que, a ritmo de rock, convida os nenos e nenas a bailar e mellorar os seus hábitos de vida saudables, como medio de prevención da obesidade.Este recurso…

Descrición

A bailar con Tix e Loy é unha divertida canción que, a ritmo de rock, convida os nenos e nenas a bailar e mellorar os seus hábitos de vida saudables, como medio de prevención da obesidade.

Este recurso educativo sonoro está pensado para xogar, bailar e cantar cos alumnos e alumnas de educación primaria, ao aire libre ou nunha aula ampla.

Os nenos Tix e Loy, creados polo programa educativo escolar de fomento da alimentación sa e os hábitos de vida saudables Enerxía para Crecer, da Fundación Eroski,  son os encargados de motivar aos escolares.

A proposta sonora convida os pequenos a seguir algúns movementos sinxelos, como bailar e levantar xuntos as mans. Pero tamén traballa e reforza a autoestima dos alumnos e alumnas, xa que lles anima a moverse e vivir con ilusión; mentres que realizan exercicio.

Valores que traballa

Prevención da obesidade a través da actividade física saudable.

Audio
Duración
4:20 minutos
Idade
Alumnos de primaria.
Idioma
Castellano