Ir o contido principal
Libro

Como aproveitar as túas froitas e hortalizas ao máximo

Consellos para reducir os desperdicios alimentarios no fogar.

Descrición

Neste documento, a asociación 5 ao Día recolle unha serie de consellos para reducir os desperdicios alimentarios no fogar. Segundo a Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación - FAO, cada ano desperdícianse 1.300 millóns de toneladas de alimentos, que representan preto de 1/3 dos producidos a nivel global. Só na Unión Europea desperdícianse case 90 millóns de toneladas, das que 7,9 pérdense en España, que é o sétimo estado membro que máis alimentos desperdicia.
5 ao día é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo fin consiste en fomentar o consumo diario de froitas e hortalizas frescas. O seu nome baséase na ración mínima de consumo diario de froitas e hortalizas frescas recomendada pola comunidade científica e médica nunha dieta saudable.

Editorial
5 al Día
Destinatarios
Docentes
Idioma
Castellano